Resulta evidente que o principal eixo de actuación ó longo do mandato de Raúl Francés como alcalde do Porriño ven sendo a humanización do centro urbano, entendendo por humanización toda aquela actuación que busca o embelecemento das rúas e a súa recuperación para o viandante. Creo que somos moitos máis os partidarios deste tipo de políticas, en detrimento dos que pensan que un núcleo urbano funciona máis axeitadamente se podemos levar o coche ata o mostrador mesmo da tenda. Nembargantes, hai un par de temas que me parecen de fundamental crítica.
Por unha banda temos o problema dos aparcadoiros. Xa sabemos que se fixo unha gran cantidade de prazas subterráneas na Avenida de Galicia e que se tomaron medidas de aproveitamento en superfice coma o das zonas azuis. Con independencia de que ó parking habería que buscarlle un mellor aproveitamento para o comercio e a hostelaría local, temos que lembrar que non se pode obrigar a ninguén a ter que pagar para deixar o coche ben aparcado.
Sería fantástico, o mesmo tempo que se pechan rúas ó tráfico e se perden prazas de estacionamento gratuíto, poder habilitar en parcelas cercanas ás rúas afectadas, algunha superficie pública arborada e ben axeitada pero con 50, 100 ou 150 (as que se poidan) prazas de aparcamento; en zona azul e con prioridade para residentes. Matar tres paxáros dun só disparo. Para iso habería que ir pensando no próximo “Plan E”, non digo máis.

A Rúa Ramón González, emebelecida pola choiva.
Por outra banda temos o problema da escasede de investimentos en beirarúas, iluminación e mantemento ou mellora das infraestructuras de comunicación nas parroquias. Compre dicir que parte da responsabilidade neste senso pode recaer na Deputación de Pontevedra (caso da estrada Torneiros-Mosende) pero ó goberno municipal véselle demasiado preocupado no centro urbano, onde históricamente lle resulta máis fácil gañar votos á esquerda.
Un último comentario. Estamos dacordo en que a reducción do excesivo uso que facemos do vehículo privado é necesaria para preservar o medio ambiente e para reducir o consumo de enerxías, ademáis de poder disfrutar de vilas e cidades máis apacibles. Pero namentres dende as administracións sigan tratando o tema do transporte colectivo como un problema menor, imos ter moitos atrancos no futuro. Ós gobernos locais da Louriña non se lles ve moi preocupados polo presente e o futuro do transporte de cercanías. Nin tan sequera para conectar as parroquias co humanizado centro da vila.
Artículo publicado no nº 64 do Xornal A Peneira da Louriña, no mes de Septembro de 2009.

